Aportacións ó Plan Hidrolóxico do Miño – Sil

A Asociación Veciñal do Saviñao , en resposta á invitación feita dende a Confederación Hidrográfica Miño-Sil  a colaborar e participar no Plan Hidrolóxico que se inicia agora , dirixíuse a esa institución co ánimo de facer efectiva a colaboración veciñal no citado plan , para o que enviamos unha serie de suxerencias ou propostas .

Dadas as características rurais do noso concello , e as actividades productivas desenvoltas no mesmo , estas propostas foron pensadas e planificadas para o noso entorno concreto , pero cremos que poden extrapolarse e aplicarse noutros concellos das mesmas características socioeconómicas .

SUXERENCIAS :

1- Necesidade de ubicar estacións depuradoras de augas residuales ( EDAR ) próximas ó medio rural .

Como queira que no noso medio a mais grande causa de contaminación hidrolóxica é a orgánica , derivada dos puríns das explotacións gandeiras e das fosas sépticas das vivendas rurais , xerando contaminación difusa ; podería evitarse coa ubicación de plantas de sedimentación e depuración destes residuos . No noso concello , debido á extensión do mesmo , precisaríanse dúas , unha na zona N. e outra na S. , podendo dar coberura tamén a parte dos concellos limítrofes de Paradela e Pantón .

Considérase de importancia xa que algunha alternativa haberá que ofrecer ós productores destes residuos , non só coa sanción dos mesmos se soluciona esta problemática tan extendida no medio rural . Podería incluirse nas medidas de saneamento e depuración contempladas no Plan de Lodos de Galicia .

 

2- Limitación dos permisos para a construcción de máis explotacións hidroeléctricas nos pequenos ríos . Control estricto dos caudais mínimos esixidos nas minicentrais funcionantes .

Tendo en conta a superexplotación dos ríos Miño e Sil , e a presenza dabondo de minicentrais eléctricas , de escaso interese enerxético pola baixa potencia xenerada , e de beneficío privado en detrimento do interese común polos moitos perxuizos ocasionados sobre estes  cauces pouco caudalosos , solicitamos se poña coto á concesión de máis permisos de explotación .

Trátase de evitar máis represas nos ríos afluentes de pequeno caudal que coas súas paredes modifican a masa de auga superficial natural , transformandoos en augas moi modificadas .

Esta proposta debería incluirse no límite de concesións por sostenibilidade ( medidas de enerxía ) .

No noso concello solicitamos en concreto se teñan en conta as alegacións presentadas por esta asociación en oposición á concesión do permiso da explotación solicitada no río Sardiñeira , denominada Salto de Amieiros . Basamos ó noso rechazo en :

1º- Supón unha grave modificación da fauna piscícola , xa que é un couto de pesca ( o único do concello ) . 2º- Suporía a desaparición da vexetación ripícola existente ( alisos , vídalos , abelairas, etc ) . 3º- Conlevaría o anegamento de construccións catalogadas como patrimoniais ( represas , muiños ) . 4º- Interrompería  vías de tránsito ( camiños e a prevista ruta sendeirista do río Sardiñeira ) . 5º- Augas arriba realízase a captación de auga para servizo dunha gran parte da poboación e está previsto o incremento da rede de auga municipal , polo que é máis que probable unha importante merma do caudal que faría máis inviable dita exploación .

Dita zona podería solicitarse como espacio protexido medioambiental e incluirse nunha das prioridades do uso das augas : a recuperación de valores ambientais ( capítulo IV do Plan ) .

 

3- Dentro do capítulo de recuperación dos valores ambientais , e máis concreto a incluir nas medidas de restauración dos leitos e cauces , no concello do Saviñao sería de interese a recuperación do río Pesqueiras como río troiteiro que foi coto de pesca . Actualmente modificado polos vertidos históricos da depuradora de Escairon ( xa correxidos )  así como da central leiteira CELEGA no lugar da Torre . Podería incluirse na Estrategia Nacional de Recuperación de Rios .

 

 4- Dentro do Programa de Conservación e Mellora do Dominio Público Hidráulico incluir a limpeza periódica nas épocas estivais dos cauces dos rios , retirando restos arbóreos e vexetais ( medidas de restauración de leitos ) . No Saviñao son de preferencia os rios Sardiñeira , Pesqueiras , Pez , Portiño e Barrantes .

 

5- Recordar con campañas de información da proibición de vertidos de puríns e lodos a menos de 100 m. dos cauces e fontes hidrolóxicas .

6- Comprobación periódica da calidade das augas a súa saida das depuradoras dos puntos industriáis , para evitar posteriores catastrofes sobre a fauna e a flora , de lenta e costosa recuperación ambiental .

7- Pozos artesanais e de barrena .

Aconséllase un maior control nas concesións dos permisos para novas aperturas destes pozos pola repercusión que podan ter sobre o nivel das augas subterráneas . Comprobación da idoneidade destas perforacións asegurando que non afectarán ó nivel das augas dos veciños . Asegundo se recolle no capítulo IV referente ás prioridades dos recursos subterráneos e o Plan Alberca .

 

8- Intentar recuperar o caudal ecolóxico en augas desembalsadas .

A actuación no noso concello concrétase xusto baixo os aliviadeiros da presa de Belesar , onde o cauce do río Miño interrómpese un bó tramo ( uns 300 m. ) xa que o desauge realízase uns 500 m. máis abaixo do encoro . Propónse tentar de conseguir un caudal contínuo mínimo a traves da apertura das comportas dos aliviadeiros , que ata agora só se abren nas situacións de máxima capacidade .

 

      9- Cuantificación e limitación das augas para usos recreativos ( campos de golf , piscinas , etc. ) a fín de controlar ese consumo non imprescindible .

Polo que se desprende da Memoria , non se dispón da cantidade real do uso da auga para estas instalacións , que ademais en moitos casos recurren tamén ás augas subterráneas comprometendo seriamente ós manantiais , supoñendo unha importante reducción das augas para uso social ó ser extraccións de grandes volúmenes .

Parece excesiva a demanda de auga no Miño alto e baixo para uso recreativo ( 26 % e 56 % respectivamente ) .

Escairón a 6 de xuño do 2011 .

 

facebooktwittergoogle_pluspinterestmail