A SINRAZÓN DO GASTO PÚBLICO NO SAVIÑAO.
Os veciños de Escairón, capitalidade do Saviñao, estamos asistindo atónitos á execución sin sentido das inversión públicas no noso municipio. Referímonos á sustitución da carpa existente diante do Concello, xa conflictiva nos seus inicios dado que ninguén a quería e continúa a día de hoxe xenerando controversia.
Trátase dun gasto de 350.000 € para substituir unha instalación que non estaba deteriorada e cumpría con creces a súa finalidade, por outra nova de granito pulido e cobertura de pizarra, para continuar sendo lugar de concentración dos actos populistas de gastronomía gratuíta do noso alcalde.
Prantexaranse moitos si realmente é imprescindible esta inversión ou si existen outras necesidades neste municipio en fase decadente. Dende a asociación aseguramos que os veciños deste municipio temos moitas e moi básicas necesidades por cubrir por parte dos titulares da administración municipal. Repasando as peticións que esta asociación leva facendo á Alcaldía dende o 2009, comprobamos cales son as prioridades e servizos básicos dos que carecemos:
- Carencia dunha Residencia de Maiores. O noso municipio é un dos poucos ou quizais o único do sur de Lugo que non ten unha residencia pública ou concertada. A existente é un sistema de apartamentos tutelados con 21 prazas, privatizada e cun custo de 1.500 €, inalcanzable para unha pensión agraria. Elo pese a intención benefactora de Dña. Maruja Somoza quen donou o edificio para esa finalidade, pero non contaba coa súa privatización. Recordamos que no 2011 habia firmado un convenio coa Deputación para a construcción dunha residencia que non chegou a executarse pola negativa do concello a invertir os 50.000 € iniciais dun total de 200.000 a aportar en prazos, moito máis barato que a carpa prevista. Así os nosos maiores e as súas familias teñen que buscar estancias a moitos kilómetros do seu territorio, coa deslocalización e desarraigo que supón a idades tan avanzadas.
- Para maior castigo aos nosos maiores, tampouco hai un Centro de Día onde poidan relacionarse e onde realizar actividades recreativas e de mateñemento maila dispoñer do edificio do antigo ambulatorio a restaurar, ubicado na Devesa de Escairón.
- Non o teñen mellor os xóvenes, sen un local onde reunirse. Decenas de rapaces e rapazas deambulan polo pobo sin un cobixo, coa obriga de iniciarse nos bares á espera de en pouco tempo escapar a Monforte ou Chantada para quizais non volver ó seu pobo. Elo pola negativa do Concello a facer un Local para a Xoventude, pese a ter a tan só 60.000 € a posibilidade de adquirir o edificio patrimonial do sindicato agrario á venda pola Consellería de Agricultura. Para esto tampouco hai cartos nin gañas.
- Vivenda Social. Hai unha crecente demanda de vivenda, tanto de nativos como de inmigrantes que estan chegando en grande número, pero non hai intención de acollerse á liña aberta pola Xunta de creación de vivenda pública e social. Son moitos os xóvenes que tiveron que buscar vivenda nos veciños Monforte e Chantada, afondando na crise demográfica e no esmorecemento do municipio. Namentres en Escairón existen dúcias de casas que poderían ser compradas a baixo prezo para a súa restauración e dar solución á perda constante de poboación. Tampouco parece interesarlle este problema.
- E para os que seguimos vivindo aquí, tampouco se fixeron obras de saneamento nos núcleos rurais, como si fixeron os veciños Pantón e Sober, tendo que solucionar o problema cada casa coa súa fosa séptica ante a falta de depuradoras. Tan só Escairón, Currelos e a ineficaz depuradora de Belesar estan en actividade, pese a ser unha esixencia europea.
Ademáis hai que considerar que a Devesa merece un entorno protector e esta instalación afeará a imaxe. E para maior irracionalidade cortouse o único e centenario tilo que existía en Escairón que coas súa follase marela no outono daba luz a este espazo, o que denota unha falta total de sensibilidade.
Tendo as necesidades e servizos básicos sin cubrir, antóxasenos unha frivolidade gastar 350.000 € para cambiar un pendello por outro. En conclusión, atopándonos cunha obra “de feito”, sen exposición previa do proxecto, consideramos un tremendo disparate esa inversión en algo tan antiestético como innecesario.


