A ASOCIACIÓN TRASMITE AS QUEIXAS E PETICIÓNS DOS VECIÑOS DE VILASANTE.
A Asociación Veciñal do Saviñao, a través da súa Presidenta Celia Ferreiro Riazor, diríxese á Alcaldía e partido da Corporación Municipal para trasmitirlles unha queixa e solicitude da veciñanza de Vilasante.
A principios do mes de maio do presente 2021 a asociación veciñal trasmitíulle unha solicitude dos veciños de Vilasante que levan reclamando dende hai 10 anos. Nela requeríase do Concello a solución ás augas fecais do alcantarillado que afloran na zona e ademais solicitábase a humanización do espazo público do lavadoiro para habilitalo para uso e reunion dos veciños de Vilasante.
Recentemente neste mesmo mes vimos como o Concello procedeu a actuar na área pero tan só realizou o desbroze da zona sen outra obra.
De novo a veciñanza de Vilasante dirixíuse a asociación veciñal para queixarse da inacción e falta de atención por parte do Concello.
A asociación veciñal trasmite de novo as peticións dos veciños de Vilasante:
- Saneamento do alcantarillado naquela zona.
- Rehabilitación das pedras e paredes do lavadoiro.
- Retirada dos tocóns e raices que deixaron alí na última desbroza.
- Colocación duns bancos para facilitar a reunion dos veciños nesa área pública.
- Dotación de dúas ou tres farolas para iluminar a área.
Na procura de que se sintan cumplidas as peticións veciñais, solicítase á Alcaldía e partido da oposición que sexa tratado o tema nunha sesion plenaria.
Escairón a 23 de Agosto do 2021
Na data do 9 de setembro acódese a falar co Alcalde sobre a solicitude e a aceptación por parte do Concello. Resposta que será no primeiro trimestre do 2022 cando se poidan acoller ás subvencións do FEDER e o LEADER, e aínda que hai moitas demandas, espera asumir esta. Esperaremos ata esas datas para voltar sobre o tema.