A ASOCIACIÓN RECLAMA DO CONCELLO A ADOPCIÓN DE MEDIDAS PARA SOLUCIONAR O CONFLICTO CIRCULATORIO NA RÚA ROSALÍA DE CASTRO DE ESCAIRÓN.
A Asociación Veciñal do Saviñao, inscrita co nº 13651 no rexistro provincial de asociacións, e co nº 14 no rexistro municipal, a través da súa Presidenta Celia Ferreiro Riazor, diríxese á Alcaldía do Saviñao co motivo de solicitar a adopción de medidas para solucionar o conflicto circulatorio na rúa Rosalía de Castro de Escairón.
É notorio o conflicto circulatorio que día tras día e ás horas laboráis se repite na rúa Rosalía de Castro. A angostura da rúa e o feito de aparcar a ámbalas dáus beiras provoca que sexa imposible circular simultáneamente dous veículos en sentido oposto, tendo que orillar e esperar os dun sentido para permitir o paso ós do outro.
Esto agrávase coa circulación de veículos de grande tonelaxe, camións de gando, de pienso, forestais, de reparto, de leite e de asfalto que transitan por esta rúa para atravesar Escairón. Recordar que asemesmo nesta rúa está o Colexio, o que engade presión ó tránsito rodado.
Dende a asociación instamos ó Concello a adoptar canto antes medidas para dar solución a este problema circulatorio crónico. Por elo PROPOÑEMOS :
1.- Aparcamento alternativo por quincenas en cada unha das beiras da rúa, tal e como está ordenado e funciona na Avenida Buenos aires.
2.- Desvio dos camións de grande tonelaxe polas estradas de circunvalación, que ofrecen diversas alternativas, para evitar o tránsito polo centro de Escairón e desconxestionar así a circulación.
Na procura dunha solución definitiva a este incordio diario que afecta á capitalidade do municipio, despídese atentamente de Vde. a Presidenta da asociación. Escairón á 11 de abril do 2023.
Na data do 23 de xuño iníciase o pintado da rúa, proíbindo o aparcamento na marxe dereita de toda a rúa. Agradecidos por coller algunha suxerencia.