VISITA CULTURAL Á ÁREA DA CIUDÁ EN XUVENCOS

      Na data do 30 de xullo do 2017, a comisión de cultura da Asociación Veciñal do Saviñao organizou unha visita cultural á área da Ciudá.

        Previa limpeza da zona, nesta xornada de reunión fraternal dos veciños, acodíuse a coñecer  unha pequeña porción da historia da nosa terra. Nunha tarde apacible paseamos o recorrido dende a estrada ata o pequeño val que describe o río Sardiñeira. A zona aprécise fértil e de interese para o establecemento de poboación.

       Achegámonos os 42  visitantes ata a única vivenda que alí foi construída. Na fachada dos restos da mesma chaman  a atención as dúas pedras incrustadas a cada ún lado da ventana da esquerda, un trisquel e unha flor de auga, ambos símbolos castrexos, pero que probablemente foron trasaladados á vivenda dende o derrubo por parte dos irmandiños dunha torre medieval ubicada no cumio do castro que se localiza xusto detrás da casa .

        Despois dunha serie detallada de datos históricos aportados por Enrique Perez Losada, iniciamos a subida en círculo ata a croa do castro, por unha senda recén limpada e amurallada en diversos niveis de socalcos ou terrazas. Na cima, dende a que se divisa toda a contorna labrada polo río Sardiñeira, vese unha parede vertical duns 2 metros e medio que indica a presenza dun costrución , e por riba dela o escombro de cascotes de derrubo, que poden ser indicio evidente da existencia anterior  dunha torre medieval.

     Esta foi unha actividade de coñecemento e divulgación da historia da nosa terra, que pretende que a memoria perdure e non se perda nas xeracións vindeiras.

         Xa no ano 1930 o historiadores Cuevillas e Fraguas visitaron a zona e levantaron plano do castro, máis non se percibiron da existencia dos restos da torre.

         Planos do castro  12

facebooktwittergoogle_pluspinterestmail