ELIMINACIÓN DAS BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS . ¡ CANTO COSTA APLICAR A LEXISLACIÓN NO NOSO MUNICIPIO !

A Asociación Veciñal do Saviñao ven de rexistrar unha solicitude no Concello para que se aplique o Decreto 35/2000 polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia .

Esta é unha vella demanda veciñal , trasmitida á asociación por familiares de persoas con discapacidade , que no ano 2013 motivara unha solicitude para facilitar o acceso ós edificios públicos da capitalidade do noso municipio .

Daquela o noso rexidor aceptaba e dicía estar moi sensibilizado con esta problemática . Hoxe , tres anos despois , comprobamos como aquel vontarioso compromiso tan só se materializou nuha praza de aparcamento reservada en todo Escairón , e para eso coa carencia dun rebaixe na beirarrúa para facilitar o acceso dunha cadeira de rodas .

Na semana pasada vimos de rexistrar unha nova solicitude concretando as carencias máis notables a correxir para executar unha lei co inexplicable retraso de 15 anos .

Este é o contido da solicitude :

A Asociación Veciñal do Saviñao , inscrita co nº 14 no rexistro municipal de asociacións , a traves do seu presidente , Francisco Nieves Rajo con DNI 37.293.664 S , diríxese á Alcaldía do Concello do Saviñao coa intención de dar solución ós problemas existentes de barreiras arquitectónicas para acceso a persoas con mobilidade reducida aos locais públicos .

EXPONSE :

Unha vez comprobada a sinalización dunha praza de aparcamento reservada para persoas con discapacidade na Praza Maior de Escairón , agradécese a obra , máis nótase a carencia dun rebaixe na beirarrúa ubicada na zona reservada .

Asemesmo segue sin concretarse o plan de carencias e necesidades remitido ó concello na data do 20 de agosto do 2013 , no que se solicitaba unha reserva de aparcamento nas zonas públicas do Concello , o Auditorio e Biblioteca , o Centro de Saúde e o pavillón deportivo .

Tampouco se deu resposta a solicitude dun elevador ou escada mecanica que facilite o acceso ó primeiro andar da Biblioteca municipal .

SOLICÍTASE :

1. O adecuado remate da única praza de aparcamento reservada ata agora na praza. Maior , coa adapatación dunha rampa na beirarrúa de dita reserva .

2 . Facer rebaixes nas beirarúas dos pasos de peóns para facilitar o acceso das cadeiras de rodas . Carecen desta rampa de acceso : 1- na praza Maior . 2- no final da Av. Buenos Aires en Cabreira . 3- nos dous  pasos de peóns da rúa Xan de Forcados ( os do lado dereito ) . 4- nos dous pasos que hai baixo a Devesa . 5- nos dous últimos pasos da rúa Pardo Bazán .

3. Habilitar sendas prazas de aparcamento nos lugares próximos ós edificios públicos do Concello : o Auditorio , o centro de saúde e o pavillón deportivo .

4. Ubicación dun elevador na Biblioteca Municipal , por canto os espazos utis atópanse na primeira pranta .

Por elo solicítase unha maior implicación do Concello na cobertura destas carencias para facilitar a vida cotiá ás persoas con discapacidade , tendo en conta que calquer veciño podese ver nesta situación en calquera momento da súa vida . Por outra banda , é responsabilidade do Concello o cumprimento da lexislación vixente recollida no Decreto 35/2000 onde se regula a Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na comunidade galega .

En Escairón , a 7 de xuño do 2016 .

 

facebooktwittergoogle_pluspinterestmail