SOLICÍTASE DO CONCELLO A ORGANIZACIÓN DE CURSOS DE MANIPULACIÓN DE PRODUCTOS FITOSANITARIOS NO TERRITORIO MUNICIPAL .

Despois dunha moratoria de varios anos , no presente 2016 entra en vigor a normativa europea que esixe a posesión do título de manipulador de productos fitosanitarios a todo aquel que vaia comprar ou aplicar un tratamento agrícola .

A medida colle por sorpresa a maigrande parte dos nosos veciños , pois nestes anos anteriores o número de cursos foi mínimo e case que unicamente orientado a viticultores .

Consideramos que debe ser compromiso do concello o facilitar o acceso a estes cursos á totalidade dos veciños , e o máis proximo posible para garantir o desenvolvemento das tarefas rurais que secularmente ven facendo a nosa sociedade . Por elo solicitamos que xestione neste senso esta necesidade imposta .

A Asociación Veciñal do Saviñao , a traves do seu Presidente , Francisco Nieves Rajo , diríxese ante a Alcaldía do Saviñao coa intención de

EXPOÑER :

Dada a inmediatez da execución da normativa europea que esixe certificación e homologación do carnet de manipulación de productos fitosanitarios a todos os cidadáns que habitualmente utilizan estes productos , independentemente do tamaño da explotación , e dada a gran cantidade de veciños do noso municipio que estan afectados por esta normativa e reclaman que se facilite o acceso a esta formación

SOLICÍTASE :

Que o Concello faga as xestións necesarias díante das administracións públicas , para facilitar a organización dos cursos de capacitación no territorio municipal que sexan necesarios para dotar de esta capacitación a todos os veciños do municipio que se verán afectados pola medida .

Solicítase a urxencia de esta xestión xa que a posta en práctica da medida é no presente 2016 e o concello debe implicarse na facilitación de este requisito a todos os seus veciños , coa proximidade necesaria que evite os gastos de desprazamento , o tempo invertido , ou a imposibilidade para adquirir esta obrigada formación .

Na espera de que se traballe na consecución dunha necesidade municipal de primeira orde no nosos mundo rural , e para que os veciños teñan un acceso máis facil e doado a esta esixencia , despídese de Vde. o presidente da asociación . En Escairón , a 15 de febreiro do 2016 .

 

Na data do 2 de abril vemos publicada na prensa a nova de que o Concello do Saviñao organizará cursos de manipulador de fitosanitarios , abríndose un periodo de inscripción . Os primeiros cursos celébranse nos dous primeiros fines de semana de maio , en Escairón e Currelos . Dada a cantidade de xente que os demanda , continuaranse organizando .

Alegrámonos de que algunhas das propostas veciñais señan consideradas e aceptadas .

 

 

facebooktwittergoogle_pluspinterestmail