Solicitude seguridade vial

A Asociación Veciñal do Saviñao diríxese á Alcaldía do concello do Saviñao coa finalidade de solicitar medidas de seguridade víal a adoptar nas entradas da poboación de Escairón.

MOTIVACIÓN:

Dado o alto número de incidencias sucedidas neste último ano nas entradas rodadas á localidade de Escairón, tanto dende o acceso de Monforte como dende a estrada de Ferreira, e dados os antecedentes de sucesos na entrada dende a estrada de Currelos, e dada a preocupación vecinal recollida nesta asociación coas numerosas queixas recibidas; consideramos que a prevención debe anticiparse á traxedia a fin de evitar danos humáns ós veciños.

SOLICÍTASE:

Se tomen as medidas pertinentes e se fagan as comunicacións necesarias para solicitar díante das institucións responsables as medidas correctoras dirixidas a disminuir a velocidade de entrada a Escairón polas tres vías mencionadas.

Ditas medidas poderían consistir en dúas filas de badéns neumáticos colocados transversalmente na calzada (os agora existentes teñen un perfíl insuficiente que non obriga a aminorar a velocidade e estan moi próximos á poboación) e sinal vertical cos anuncie, ou ben semáforos que se poñan en roxo o sobrepasar os 50 km/h. Ubicaríanse:

1- na entrada da estrada de Monforte á altura de Outeiro.

2- na entrada da estrada de Ferreira antes do cruz da estrada de  Montes con Xán de Forcados.

3- na entrada dende Currelos pouco antes do cruz da estrada de Cimadevila á altura dos Campeliños.

Como medidas específicas solicítase:

1- a aplicación dunha capa de rodadura mais áspera e rugosa cara a evitar o deslizamento e patinaxe dos vehículos na entrada dende Monforte (por considerar que ese formigonado esta xa moi pulido), así como a instalación dunhas barandas protectoras de metal nas dúas beirarrúas que acompanan esa estrada ata o cruz, a fín de prever invasión das aceras e atropelos a peatóns.

2- A instalación de dous espellos orientados un a cada lado da circulación e enfocado ós que acceden ó cruz dos Campeliños dende o campo de futbol; xa que actualmente a visibilidade do trafico que procede da dirección de Morgade e de Escairón é nula, o que obriga a invadir a calzada para valorar si ven algún vehículo, obrigando a unha maniobra de gran perigo para todos.

Na espera da aplicación destas medidas preventivas e polo ben común, solicítase a 22 de xuño do 2010.

Tivemos que esperar ata o verán do 2015 para ver colocados úns badéns que obrigan a aminorar a velocidade nas entradas a Escairón dende Ferreira e dende Currelos. Con anterioridade xa se colocaran únhas bandas neumáticas na entrada dende Monforte. Tarde, pero coa insistencia lógranse cousas.

facebooktwittergoogle_pluspinterestmail