Desmantelamento do publico

A Asociación Veciñal do Saviñao alerta sobre o deterioro nestes últimos anos dos servizos públicos que se ofrecen no municipio.

Si primeiro se prescindíu dos servizos de Protección Civil e posteriormente tamén do GRUMIR, deixando sen cobertura as emerxencias que poidan suceder, despois chegou o recorte en prestacións sanitarias coa supresión de un médico en Escairón (o que evitou a perda de un profesional homónimo no concello de Sober), poucos meses despois vemos como se está suprimindo tamén unha praza de enfermería, que tan só se cubre DOUS días á semana e a metade de xornada.

Respecto da atención á terceira edade, denunciar que o único edificio público dedicado a Residencia (cedido para esta finalidade) foille entregado a unha empresa privada (Gesan) a cambio de 5.000 € anuais, sin que se ofreza nin unha soa praza concertada e a un precio de 1.200 €/cama/mes; co resultado de que a día de hoxe só hai tres veciños do Saviñao ocupando unha habitación.

Ademáis este ano a Xunta suprime totalmente a partida presupostaria da Axuda no Domicilio, co que o concello incrementou a tarifa por hora e reduxo o tempo de asistencia.Tampouco existe servizo de Centro de Día.

No pasado mes comprobamos como tamén o finamento ten contribución: o cementerio municipal de Escairón pasa a ser xestionado por intereses privados.

E para rematar esta serie de desmantelamentos e abandono do público, para inicios do ano próximo a gardería “municipal” entregada á Fundación Fesan incrementará de 110 á 220 € a tarifa por neno, sin ofrecer a lóxica e preceptiva reducción en función das rendas familiares.

Con este panorama comprobamos un deterioro da asistencia e cobertura mínima necesaria que un concello debería ofertar ós seus veciños. Moi á contra, incrementáronse todas as tasas municipais: licencias, auga, basura, IBI, etc…. Pero mantéñense as abusivas catro dedicacións exclusivas a cargo dos presupostos. Vese un notorio interese en recaudar, máis que en ofertar.

Dende a asociación, os veciños reclaman outra maneira máis solidaria de executar as funcións municipais para as que foron elexidos, recortando en gastos superfluos e frenando a privatización interesada dos servizos públicos e rentabilizando as instalacións municipais disponibles para non provocar situacións de abandono e marxinación social.

Decembro do 2012

facebooktwittergoogle_pluspinterestmail