Asociación de Veciños do Saviñao » Traballos e proxectos realizados

VALORACIÓN DAS MEDIDAS ADOPTADAS POLO CONCELLO PARA EVITAR O COLAPSO CIRCULATORIO NA ÁREA DA COVA E PROPOSTAS DA ASOCIACIÓN.
Unha vez coñecidas as medidas que adoptou unilateralmente o Alcalde do Saviñao para evitar o caos circulatorio que se produce todos os anos na época estival, a asociación, trala reunión mantida o venres 16 de abril, fixo unha valoración de ditas medidas e emitíu unha serie de consellos E adaptación das medidas.

Dita valoración foille presentada a Alcaldía e ao partido da oposición para que analizen as medidas propostas pola asociación antes do inicio das obras e adopten as solucións necesarias.

Adxuntase escrito :

A Asociación Veciñal do Saviñao, a través da súa Presidenta Celia Ferreiro Riazor, diríxese á Alcaldía do Saviñao e aos partidos da Corporación Municipal coa intención de valorar as medidas para evitar o colapso da área da praia da Cova.

Unha vez coñecidas as intencións da Alcalía para axilizar e desconxestionar os accesos á praia da Cova e dado que a asociación veciñal presentara unha serie de medidas e actuacións na data do 15 de xulio do 2019, procedemos a valorar e analizar dita decisión:

1- AMPLIACIÓN DAS PLAZAS DE APARCAMENTO.

A creación dunha nova área de aparcamento pode mellorar moderadamente o problema, mais esas dúas zonas de novo aparcadoiro non deberían supoñer un desmonte visible e deberíaN respetar as pezas arboreas existentes con esmerada sensibilidade.

2- COLOCACIÓN DE SEMÁFOROS PARA FACILITAR O ACCESO.

Consideramos que os semáforos poden regular o tránsito pero non o volume de ocupación da área. Córrese o risco de convertir nunha longa caravana de vehículos a estrada de acceso e facer maior tapón na área.

Cremos que para regular o tránsito sería moito mais axil e efectiva a UNIDIRECIONALIDADE da estrada dende o desvio para Arxuá, descenso pola actual estrada e subida por Soutomango e Arxuá, sinalizando e permitindo o tránsito bidirectional ós veciños e propietarios das parcelas da zona.

O volume regularíase coa colocación de dous paneis que indicaran o estado de ocupación das plazas de aparcamento na área. Ubicaríanse en Belesar e no Priorato da Cova, anunciando a ocupación total para así disuadir ós visitants de acceder á área xa que sería imposible estacionar.

3- MICROBÚS DE ACCESO Á ÁREA DA COVA DENDE ESCAIRÓN.

Consideramos mais práctico que o microbus saíra dende o Priorato da Cova e mesmo podería facer unha viaxe ata Belesar para recoller xente, xa que a maigrande parte dos visitantes non son de Escairón e na área do Priorato hai unha zona de aparcamento e podería ampliarse ata as proximidades da igrexa románica. Esto facilitaría que os visitantes deixaran alí os vehículos desconxestionando a área da praia.

4- ANCHEAMENTO DA ESTRADA DE DOUS METROS.

Esta parécenos a medida mais agresiva e lesiva para a paisaxe e natureza da zona, xa que dous metros suporía a sangria duns taludes case que verticais e conlevaría a corta de decenas de árbores caducifolias que personalizan á ribeira. Non olvidemos que precisamente a paisaxe e a natureza son os dous pilares básicos nos que asenta a candidatura a Patrimonio da Humanidade e a súa agresión sería notoria e imperdonable.

Díante desta medida propoñemos a adaptación de pequenos APARTADOIROS que den cabida a tres vehículos para orillar e esperar o acceso.

5- Considerammos imprescindible a sinalización dos accesos dende o Priorato e Belesar concretando a limitación pola anchura da estrada e proibindo a circulación de vehículos mais longos de 6 metros.

Trátase de facer desta área unha zona de relaxamento e non de estres e débese priorizar a idea dun turismo sostible para toda a Ribeira Sacra, non basado tanto na cantidade senón na calidade. Temos que lograr que o turismo se adapte ó territorio e non que o teritorio sucumba e sexa destrozado polo turismo.

Esperando sexan tidas en conta estas reflexións e supoñan un repensamento antes de tomar decisions que poden pagarse longo tempo, atentamente despédese de Vde. a Presidenta da asociación.

NA PROCURA DUNHA DENOMINACIÓN DE ORIXE PARA O ACEITE GALEGO.
No mes de xuño presentamos aos partidos que forman a Corporación Municipal unha proposta para a creación dunha figura que ampare a produción da oliva no noso territorio. Sería unha marca para as terras de Lemos que se agruparía como unha subzona a integrarse na Denominación de Orixe ( D. O. ) Aceite de Galiza. Este cultivo pode chegar a ser un sector de interese para o campo Galego en xeral e o territorio Ribeira Sacra en particular.

EXPOSICIÓN :

A plantación de oliveiras está experimentando un crecemento considerable na comarca así como tamén no noso municipio, coas expectativas de convertirse nun sector con un gran potencial para a diversificación e o reforzo do noso sector primario, tan necesario para garantir o futuro do noso territorio e fixar poboación.

O exemplo a seguir témolo nas terras de Quiroga que despois de anos contan coa marca propia Aceite de Quiroga e estan pendentes de conseguir a Denominación de Orixe ( D.O. ) por parte da comunidade Europea.

No caso do Saviñao a produción aínda esta iniciándose e no pasado ano recolléronse ó redor de 3000 quilos, pero é vital darlle un soporte como é o selo D.O. xa nestes momentos pois, sabendo que comezan a producir aos 5 anos úns 4-5 quilos e que ata os 15-25 anos non acadan unha produción estable de 20-30 quilos, é o momento de situarnos convenientemente para garantir a viabilidade desta nova produción que pode representar un complemento ou mesmo o sustento de produtores do campo.

Na mostra de FITUR vimos como se vindicaba a D.O. de Quiroga, mais entendemos que suporía un agravio non incluir ó resto da comarca, que goza dunhas condicións climaticas similares, e impulsar unha D.O. galega que diferenciara entre as subzonas de produción histórica ( oliveiras de mais de 100 anos ) e as subzonas de recente produción.

Por todo o exposto a asociación propón ao Pleno da Corporación do Concello do Saviñao que sexa tratado este importante tema, polo que

SOLICÍTASE:

Rexistrar a marca ACEITE DAS TERRAS DE LEMOS que ampare a produción dos concellos De Monforte, Pantón, Sober e O Saviñao.

Trasladar á Xunta de Galiza e á Consellería de Medio Rural a petición de crear unha D.O. de ACEITE DE GALIZA na que se inclúa a nosa comarca e que ampare a produción do aceite Galego, diferenciando a produción entre a área histórica ( Quiroga ou Seixalbo en Ourense ) para as oliveiras de mais dun século e as novas áreas con oliveiras, a través de subzonas, na que se rexistraía a subzona de Lemos.

Trasladar este acordo aos concellos que conformariamos a subzona: Monforte, Pantón, Sober e O Saviñao, instandoos a facer unha fronte común para a integración da nosa comarca na futura D.O. de Aceite de Galiza.

Coa intención de aportar alternativas aos nosos produtores e na espera de que o tema sexa tratado no próximo Pleno, despédese de Vde. a presidenta da asociación. En Escairón a 8 de xuño do 2020.

É NECESARIO ADOPTAR MEDIDAS PARA EVITAR O COLAPSO CICULATORIO NA PRAIA DA COVA. A ASOCIACIÓN PROPÓN MEDIDAS.
A Asociación Veciñal do Saviñao ven de dirixirse á Alcaldía e ó Secretario do PSOE do Saviñao para propoñer unha serie de medidas a tomar para evitar o colapso circulatorio na área da praia da Cova.

EXPONSE :

A Ribeira Sacra está tendo un recoñecemento case que internacional e prevese que elo atraiga un gran número de visitantes, e a área da praia fluvial da Cova é un dos puntos de máxima concorrencia e cabe esperar que esta demanda vaia en progresivo incremento nos próximos anos. Pero esta xoia natural pode verse ameazada por un desproporcionado fluxo de xente que a propia natureza e xeografía do lugar é incapaz de asumir. Temos que facer que o turismo non sexa unha ameaza senón que sexa sostible e proporcionado ó territorio.

De feito xa nestes dous últimos anos poidemos observar un colapso circulatorio e de aparcamento que orixinou conflictos e reclamou a presenza das autoridades de tráfico para o seu ordenamento. Dunha parte o aparcamento na área non ten ordenamento e apárcase nas dúas beiras, quedando un so carril para o transito de dous vehículos á par.

Ademais o acceso dende O Priorato da Cova ata a área é perigoso por canto a anchura da estrada fai moi axustada a circulación de dous coches á par, bloqueándose a circulación cando baixa un autobus. O propio recoñecemento patrimonial desaconsella unha modificación de ancheamento da estrada, por canto provocaría uns cortes nos balados que dañaría severamente o conxunto da zona e a paisaxe.

É por elo que hai que tomar unha serie de medidas ordenativas a adoptar de inmediato  para evitar o colapso total da área e que todo o encanto e oportunidade desa zona de ribeira acabe denostado ou derramado.

SOLICÍTASE

Ter en conta unha serie de medidas e propostas da asociación a adoptar dunha maneira inminente, previo debate e entendemento entre todos os axentes políticos , asociativos e económicos.

As propostas de mellora que plantexamos son :

Prohibición de acceso a vehículos maiores de 6 metros ( microbuses ) dende Belesar e a igrexa da Cova, pola imposibilidade de baixar ata a praia e dende o corredor dado que ocuparía todo o ancho da estrada. Debería estar perfectamente sinalizado neses dous puntos.

Na área da praia prohibir aparcar nun dos lados, pois tal e como está acontecendo, ó aparcar nos dous lados só pode transitar un coche, co conseguinte colapso.

Dende debaixo do churrasco establecer circulación nun único sentido: baixar ata O Priorato e a praia pola estrada principal e subir da praia por Soutomango e Arxuá. Habería que permitir aos usuarios e veciños o tránsito nos dous sentidos. Ten a pega de que onde se xuntan as dúas estradas, úns 600 metros antes da praia, repetiríase o embudo.

Ubicar indicadores dixitais en Belesar e na zona da igrexa da Cova que avisen cando o aparcamento esté cheo, para disuadir aos visitantes de facer parada na área da Praia.

Que o tramo entre a igrexa da Cova e a praia só se poida facer con un servizo de microbuses que suban e baixen cada hora, excluíndo desta norma aos usuarios e veciños.

Esto proponse na procura de facilitar o acceso e estacionamento a quenes visitan a área, así como conseguir un turismo de certa calidade e sostible coa natureza e a paisaxe e coa intención de evitar accidentes ou situacións de emerxencia que poidan darse coas condicións actuáis.

En Escairón, a 15 de xullo do 2019.

O 22 de agosto foi tratado o tema nun Pleno. Das 5 medidas propostas aproban a proibición de aparcamento nunha veira da estrada e falaron do sentido único da estrada, non valoraron as outras 3 medidas que lle foron expostas as dúas forzas políticas. Respecto ó sentido único o PP négase e propón como alternativa ampliar a estrada. Esta medida considerámola agresiva para a paisaxe e a natureza , elementos polos que se nomeou BIC á zona ribeireña da Ribeira Sacra, polo que adoptar esta barbaridade de solución sería ilegal e debería ser denunciado ante Patrimonio. É unha mágoa que non se tome o tema coa seriedade que merece, parece que só interesa afluencia masiva da xente, abandoada a súa sorte. Onte mesmo este mesmo tema foi denunciado na TVG por empresarios de turismo rural da zona ourensá da Ribeira Sacra e pola propia secretaria do Consorcio de Turismo. Temos un baixo nivel de análise e solución dos problemas nos políticos do nosos concello, e elo nótase na decadencia do noso municipio nos ámbitos cultural, social e turístico, comparados co resto de municipios do noso entorno. Seguirémolo intentando.

ALEGACIÓNS PRESENTADAS Á DECLARACIÓN BIC DA RIBEIRA SACRA
O 19 de marzo envíamos á Dirección Xeral do Patrimonio da Consellería de Cultura as alegacións á relación de bens a incluir como bens de protección da paisaxe cultural ( BIC ) da Ribeira Sacra, previa á proposta a Patrimonio da Humanidade.

Indicamos a omisión dalgúns elementos medievais e románicos do noso concello, así como doutros elementos patrimoniais de interese dentro do noso territorio municipal. tamén rexistramos no concello esta relación, para que teñan coñecemento das omisións detectadas.

A Asociación Veciñal do Saviñao, inscrita co nº 13651 no rexistro provincial de asociacións de Lugo, e co nº 14 no rexistro municipal do Saviñao, a traves da súa Presidenta, Celia Ferreiro Riazor con DNI 33.812.714 T, diríxese á Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e,

EXPOÑEMOS:

Que Segundo o anunciado no DOG num. 246, do venres 29 de decembro do 2017, incóase expediente para declarar a Ribeira Sacra ben de interese cultural ( BIC ).

Que dentro do prazo de tres meses que se lle concede ás institucións e persoas xurídicas formulamos as seguintes

ALEGACIÓNS :

1ª- No anuncio do DOG, a parroquia de Santiago de Louredo figura incluída na zona de amortecemento, cando debería ser considerada como núcleo integrado na paisaxe cultural da Ribeira Sacra, xa que parte do seu territorio exténdese pola ribeira ata a mesma veira  do río Miño. É o que na Idade Media se chamaba a ribeira da Granxa de Cela.

2ª- Que entre os bens inmobles a declarar prodúcense algúnhas omisions de elementos románicos ou medievais que estan ubicados no territorio municipal do Saviñao, e que deberían incluírse entre aqueles. Son os seguintes :

1. Igrexa románica de San Martño da Cova, antano con mosteiro dos Agostiños. Ubicada na parroquia do mesmo nome que figura incluída na zona BIC.

2. Igrexa románica de San Lourenzo de Fión, con pinturas murais do século XVI. Ubicada na bocarribeira, da parroquia de Fión, que está incluída na zona de amortecemento do territorio Ribeira Sacra.

3. Igrexa románica de Santa María de Marrube, con pinturas murais do século XVI. Ubicada na parroquia do mesmo nome e podendo ser considerada como exoámbito.

4. Igrexa románica de San Vitorio de Ribas de Miño. Perduran datos dunha igrexa prerrománica e a súa abadía. Está situada na parroquia do mesmo nome, ubicada na bocarribeira por enriba da presa de Belesar, podendo considerarse un exoámbito de interese.

5. Igrexa románica de San Pedro de Cela. Situada a úns 500 metros da igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño, na ribeira da parroquia de Santiago de Louredo, na zona que debería ser incluída na paisaxe cultural da Ribeira Sacra ( como argumentamos no apartado 1º desta relación ). Consérvanse restos significativos da súa edificación. No alto medievo existíu alí unha capela e un mosteiro que se perpetuou ata o século XV. Sobre o terreo hai sartegos antropoides móbiles.

6. Os Codos de Belesar. O chamado “ camiño dos codos “ é un tramo empedrado do vello camiño real que comunicaba Monforte con Chantada. Foi construído na época romana para salvar as fortes pendentes da ribeira e dar acceso ó pobo de Belesar, na veira do Miño. Hoxe é un tramo do Camiño de Inverno á Santiago, incluído no territorio de protección cultural.

A primeira noticia escrita do mesmo é do ano 990, cando o bispo Pelayo, da igrexa de Lugo, ordenou a reposición do seu empedrado.“ Os Codos de Belesar “ e “ o Camiño dos Codos de Larouco “ en Ourense, considéranse as únicas vías desta tipoloxía construídas na época romana hoxe existentes en Galicia.

3ª – Que consideramos deberían incluírse tamén os seguintes bens:

1. Belesar pobo. Lugar da parroquia de San Paio de Diomondi, situado ó pé do rio Miño con vivendas nas dúas ribeiras, pertencentes aos concellos Do Saviñao e de Chantada. O aspecto paixasístico do Belesar actual é dunha gran beleza e evoca outros tempos de esplendor. O rei Alfonso VII concedéulle os foros de “ burgo real “, que foron confirmados polos reis Alfonso IX e Alfonso X el Sabio. Desta época é o mosteiro e hospital de San Pedro que daba amparo e hospedaxe ó peregrino.

Da ponte romana e do mosteiro-hospital aínda se conservan as súas pegadas baixo as augas dun embalse que anegou tamén parte das casas máis emblemáticas.

2. Sartego antropoide de Veleigán. Na parroquia de San Fiz de Laxe. Podería considerarse un exoámbito.

3. Torre da Candaira. Na parroquia de Santa Eulalia de Rebordaos, da zona de amortecemento. Data do século XII.

4. Mármore decorado de Licín. Na parroquia do mesmo nome, podendo considerarse ben mobel dun exoámbito. Varios historiadores sitúan a súa antigüidade entre os séculos IV e VII. Creen algúns deles que formou parte dun mausoleo da época tardo-romana, e na actualidade atópase incrustado na parede exterior da ábside da igrexa parroquial de Santa Eulalia de Licín.

5. Dolmen de Abuíme. Exoámbito da parroquia do mesmo nome.

6. Petroglifos da Leira Rapada. Na parroquia de Vilatán. Exoámbito.

Por todo o exposto,

SOLICITAMOS:

1º. Que dada a extraña exclusion da parroquia de Louredo entre as integradas na zona BIC, consideramos que tal erro debe correxirse de forma básica.

2º Que pola relevancia patrimonial e cultural dos outros bens antes enumerados, se acorde a súa inclusion entre os xa propostos como bens de interese cultural, pertencentes á este concello.

O que se formula en tempo e forma, en Escairón, a 19 de marzo do 2018. A presidenta da asociación

Na data do 31 de decembro do 2018 publícase no DOG o decreto de declaración BIC da Ribeira Sacra. Na relación de bens patrimoniais inclúense case que todas as alegacións propostas, non como BIC, senón como Bens incluídos na paisaxe Ribeira Sacra. Non recolleron o dolmen de Abuíme, o burgo de Belesar, o sartego de Veleigán e a mármore de Licín.

A CATÁSTROFE DOS LUMES NON PODE VOLTAR A REPETIRSE. PROPOÑEMOS MEDIDAS A ADOPTAR NO NOSO MUNICIPIO.
Despois da debastadora vaga de lumes que sufríu este ano a comunidade galega, consideramos que debe servir de alerta e chamada de atención a toda sociedade ou do contrario, considerando a ameaza que suporá no futuro mais inmediato o cambio climático que xa estamos padecendo, o mundo rural corre serio risco de afrontar un número crecente de incendios similares aos das recentes datas.

Por elo compre sentar as bases para que NUNCA MÁIS se volva producir un desastre humano e medio ambiental como o deste ano. Por iso é o momento de aportar solucións deixando a un lado intereses enfrontados ou posicións tácticas políticas, e adoptar as medidas consensuadas que minimicen no posible  as desoladoras consecuencias do lume.

Dende a asociación dirixímonos ó órgano de goberno local e a todos os partidos políticos do municipio coa finalidade de que sexa tratado este tema coa seriedade e responsabilidade que se merece, e se adopten resolución plenarias para previr e evitar na medida das posibilidades locais a catástrofe do lume no noso municipio.

Dende a asociación veciñal propoñemos unha serie de medidas  para que sexan debatidas nunha sesión plenaria e, si se consideran, sexan executadas dun modo inmediato:

– Aplicación da ordenanza e lexislación vixente que obriga a limpeza de solares e predios nas inmediacións de todos e cada ún dos núcleos de vivendas do noso municipio.

– Execución da normativa  que fixa e determina a distancia mínima de plantación das distintas especies arbóreas respecto das vivendas, estabulacións ou pendellos.

– Declaración institucional do noso concello como “ municipio libre de eucaliptos “, como adoptou recentemente o veciño concello de Pantón. Aínda considerando que o noso municipio pertence a unha área ou sector xeografico no que xa está prohibida  a plantación de eucalipto, é preciso reforzar esta prohibición sobre unha especie pirófita e que aboca á desaparición das reservas hídricas do solo e subsolo.

– Solicitude da Corporación municipal directamente á Consellería da dotación dun servizo de brigadas antiincendios permanente e profesionalizado que, ademais das labouras de extinción, realicen nas tempadas humedas traballos de limpeza dos camiños e zonas de arboreda próximas ás vivendas.

Coa única finalidade de preservar a nosa rica e abundante masa forestal e previr traxedias humanas e desastres ambientais irreversibles, solicitamos das forzas políticas a necesaria participación e compromiso no tema da prevención dos incendios forestais.

O presidente da Asociación Veciñal do Saviñao.

Escairón, a 31 de outubro do 2017.

No pleno municipal de decembro trátase o tema , pero non se toma medida algunha de actuación a nivel municipal, supeditando as tres forzas políticas toda prevención á iniciativa da Xunta. ¡ imos apañados !

No mes de xuño do 2018 o Alcalde envía un Bando a todas as casas dos veciños no que se obriga aos particulares e propietarios dos solares próximos aos núcleos e vivendas a adoptar as medidas de prevención de incendios que se mencionan, ameazando con medidas sancionadoras. Por dito motivo elaboramos unha nota de prensa :

Aínda recoñecendo a parte de responsabilidade que cada veciño ten no cumprimento dunha normativa vixente xa hai anos, consideramos que a aplicación de tales medidas non vai ser posible só coa imposición institucional. En moitos solares e lexítimas será imposible identificar ao propietario dada a imprecisión e desactualización do catastro e, dada a fragmentación das herdanzas, moitos propietarios atópanse lonxe de Galicia e en moitos casos os descendentes dos herdeiros descoñecen as propiedades.

Por outra parte o Bando amosa a inacción da administración en todo este tempo, tanto pola permisividade nas plantacións realizadas recentemente, como pola falta de dotación de medios humanos e presupostarios para afrontar a prevención a longo prazo, para minimizar a ameaza dos lumes no xa debilitado mundo rural.

Neste senso recordamos que no mes de novembro pasado a Asociación propúxolles a todos os partidos da corporación a adopción de catro medidas a nivel municipal, básicas e tecnicamente recoñecidas como necesarias. Daquela o Pleno non adoptou ningunha medida a executar no municipio.

Agora descárgase dunha maneira ameazante toda a responsabilidade nos propios veciños, pero ¿ onde están as obrigadas actuacións das administracións municipal, provincial e autonómica ? Unha vez máis evidénciase unha grave e repetida carencia de iniciativas por parte do Concello, da Deputación e da Xunta, así como una desatención total cara aos problemas que afectan aos veciños.

A ASOCIACIÓN ENTREGA NO CONCELLO O CENSO DE FONTES A ANALIZAR
Tal e como se acordara na reunión mantida co Alcalde na data do 17 de outubro do presente, a Asociación Veciñal do Saviñao fai entrega ó Concello da relación de fontes públicas do municipio e actualmente en uso polos veciños.

A finalidade é que pola parte responsable do control, o Concello, sexa realizada analise da potabilidade das augas de ditas fontes , para garantir aos usuarios as condicións sanitarias para o uso e consumo doméstico. Posteriormente deberíase sinalizar en cada unha delas a aptitude para o consumo.

O censo de fontes por parroquias recopilado é o seguinte :

1.PARROQUIA DE VILASANTE .

1.1. Fonte do Figueroa ( Outeiro ).

2. SANTA MARIÑA DE ROSENDE

2.1. Sabariz.

2.2. Santamariña.

3. VILELOS .

3.1. Vilelos.

3.2. Vilaseco.

3.3. Santa Cruz.

3.4. Besta.

3.5. Susmil.

3.6. Santa Mariña.

4. PIÑEIRÓ

4.1. Piñeirón .

5. A BROZA

5.1. Ribela.

5.2. Rebordondiego.

5.3. A Broza.

6. CHAVE.

6.1. Chave.

6.2. Marzán.

7. DIOMONDI.

7.1. Belesar.

7.2. Diomondi.

7.3. Galegos.

7.4. Piñeiro.

7.5. Bexán.

8. S. VICENTE EIREXAFEITA.

8.1. Gudín.

8.2. Eirexafeita.

9. FIÓN.

9.1. Aira da Vila.

9.2. Fión.

10. LICÍN.

10.1. Licín.

10.2. Casadonas. ( dúbida pública/paticular )

11. LOUREDO.

11.1. Louredo.

12. MOURELOS.

12.1. A Senra.

12.2. A Reguenga.

13. REBORDAOS .

13.1. Bexe.

13.2. A Torre da Candaira.

14. SAN VITOIRIO DE RIBAS DE MIÑO.

14.1. Fonte e lavadoiro da Pereira ( a esquerda da estrada entre a   Pereira a Pacios ).

14.2. Os Amieiros ( adentrarse nun fondo á esquerda fronte a unha adega ).

14.3. Fonte de Lamas  ( entre A Pereira e Susavila , no camiño que vai do parxe  de “ tras das airas “ a Susavila ).

15. SETEVENTOS.

15.1. Mosiños.

15.2. Seteventos.

16. SOBREDA.

16.1. Estrumil.

16.2. Sobreda.

16.3. Orxaínza.

17. VILAESTEVA.

17.1. Córneas ( e lavadoiro  ).

17.2. Vilaesteva.

17.3. Piscifactoría do Sardiñeira.

18. XUVENCOS.

18.1. Xuvencos.

19. A COVA.

19.1. Seoane.

19.2. O Lagar.

20. MARRUBE.

20.1. Felón.

21. FREÁN.

21.1. Tarrío.

22. SEGÁN.

22.1. Segán de Abaixo.

Agora toca esperar a vontade e interese do Sr. Alcalde para cumprir esa obriga de vixianza das augas públicas.

En Escairón a 28 de novembro do 2016.

ELIMINACIÓN DAS BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS . ¡ CANTO COSTA APLICAR A LEXISLACIÓN NO NOSO MUNICIPIO !
A Asociación Veciñal do Saviñao ven de rexistrar unha solicitude no Concello para que se aplique o Decreto 35/2000 polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia .

Esta é unha vella demanda veciñal , trasmitida á asociación por familiares de persoas con discapacidade , que no ano 2013 motivara unha solicitude para facilitar o acceso ós edificios públicos da capitalidade do noso municipio .

Daquela o noso rexidor aceptaba e dicía estar moi sensibilizado con esta problemática . Hoxe , tres anos despois , comprobamos como aquel vontarioso compromiso tan só se materializou nuha praza de aparcamento reservada en todo Escairón , e para eso coa carencia dun rebaixe na beirarrúa para facilitar o acceso dunha cadeira de rodas .

Na semana pasada vimos de rexistrar unha nova solicitude concretando as carencias máis notables a correxir para executar unha lei co inexplicable retraso de 15 anos .

Este é o contido da solicitude :

A Asociación Veciñal do Saviñao , inscrita co nº 14 no rexistro municipal de asociacións , a traves do seu presidente , Francisco Nieves Rajo con DNI 37.293.664 S , diríxese á Alcaldía do Concello do Saviñao coa intención de dar solución ós problemas existentes de barreiras arquitectónicas para acceso a persoas con mobilidade reducida aos locais públicos .

EXPONSE :

Unha vez comprobada a sinalización dunha praza de aparcamento reservada para persoas con discapacidade na Praza Maior de Escairón , agradécese a obra , máis nótase a carencia dun rebaixe na beirarrúa ubicada na zona reservada .

Asemesmo segue sin concretarse o plan de carencias e necesidades remitido ó concello na data do 20 de agosto do 2013 , no que se solicitaba unha reserva de aparcamento nas zonas públicas do Concello , o Auditorio e Biblioteca , o Centro de Saúde e o pavillón deportivo .

Tampouco se deu resposta a solicitude dun elevador ou escada mecanica que facilite o acceso ó primeiro andar da Biblioteca municipal .

SOLICÍTASE :

1. O adecuado remate da única praza de aparcamento reservada ata agora na praza. Maior , coa adapatación dunha rampa na beirarrúa de dita reserva .

2 . Facer rebaixes nas beirarúas dos pasos de peóns para facilitar o acceso das cadeiras de rodas . Carecen desta rampa de acceso : 1- na praza Maior . 2- no final da Av. Buenos Aires en Cabreira . 3- nos dous  pasos de peóns da rúa Xan de Forcados ( os do lado dereito ) . 4- nos dous pasos que hai baixo a Devesa . 5- nos dous últimos pasos da rúa Pardo Bazán .

3. Habilitar sendas prazas de aparcamento nos lugares próximos ós edificios públicos do Concello : o Auditorio , o centro de saúde e o pavillón deportivo .

4. Ubicación dun elevador na Biblioteca Municipal , por canto os espazos utis atópanse na primeira pranta .

Por elo solicítase unha maior implicación do Concello na cobertura destas carencias para facilitar a vida cotiá ás persoas con discapacidade , tendo en conta que calquer veciño podese ver nesta situación en calquera momento da súa vida . Por outra banda , é responsabilidade do Concello o cumprimento da lexislación vixente recollida no Decreto 35/2000 onde se regula a Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na comunidade galega .

En Escairón , a 7 de xuño do 2016 .

ALEGACIÓNS Á INSTALACIÓN DUNHA MINICENTRAL HIDOELÉCTRICA NO RÍO SARDIÑEIRA
RAZÓNS PARA O REXEITE DA MINICENTRAL HIDROELÉCTRICA DOS AMIEIROS NO RÍO SARDIÑEIRA .

1ª – Dada a gran cantidade de explotacións hidraulicas existentes no noso concello e no contorno comarcal , como os macroencoros e estacións eléctricas dos Peares e Belesar , a minicentral do río Pesqueiras e a veciña do río Asma , consideramos excesiva a explotación dos leitos fluviais .

Como o Sardiñeira é un rio de escaso caudal , a construcción dun azud de 5 metros de altura modificaría substancialmente a masa de auga superficial e natural . Ademais deberíase ter en conta o reducido interese enerxético desta minicentral , o que supón un escaso beneficio particular fronte a un gran prexuizo público .

2ª – O proxecto modificado resulta ainda máis agresivo : increméntase a lonxitude do río afectada a 2.070 m. dende a central ata o azud , ó que haberá que añadir a superficie anegada polo azud  trasladado augas arriba .

3ª – Vistas as distintas modificacións do proxecto , non resultan clarificantes as cifras do caudal máximo que solicitan ( 4.000 l/s ) fronte as cifras do caudal medio de uso estimado ( 1.140 l/s ) . Entendémolas excesivas e pouco reais .

4ª – A altura prevista do edificio da turbina é excesiva para unha zona de ribeira moi pechada . Os 9,5 m. de altura romperían a paisaxe .

5ª – Debido á difícil accesibilidade á zona , os desmontes necesarios para o inicio das obras serían moi agresivos co contorno . Tampouco vemos viable que as obras non orixinen verquidos masivos ó leito , tanto de cascallos como de lixiviados resultantes das perforacións que en certas zonas precisaría , pois na marxe dereita hai moita zona rochosa que esixirá voaduras. De feito no estudo confírmase o risco de verquidos de formigon e aceites ó leito , altamente contaminantes e determinantes da viabilidade da fauna piscícola .

6ª – A obra suporá a afectación dunha extensa zona das ribeiras encaixonadas do Sardiñeira , coa conseguinte desaparición dunhas estructuras incluidas no catálogo de bens patrimoniais , caso dos tres muiños afectados : o do Carral ( próximo ó edificio da central ), o do Coiteiro e o de Maseda ( afectado polo azud ) . Así mesmo anegaría as represas , caneiros e canais de carga de servizo para eses muiños existentes no tramo final do leito . Estes elementos etnográficos , catalogados no actual PXOM , non estan recollidos no proxecto . Sen embargo os documentos fotográficos que adxunta contradicen a omisión da súa presenza . Adxúntanse fotografias .

7ª – A gran lonxitude do río afectada ( 2.070 m. ) ameazaría e modificaría a fauna piscícola no que supón o único couto troiteiro existente no concello , de forte demanda . Suporía a súa desaparición , como de feito  xa se recoñecía en estudos previos da Consellería de Medio Ambiente . Interrompería o refuxio e limitaría o ascenso das troitas . No estudo de impacto medioambiental considérase este impacto MODERADO e omítese a existencia do couto de pesca como actividade normativizada e xeradora de recursos para a zona ( adxúntase copia da publicidade do couto ) . Deberían repoñerse os camiños de servizo usados polos pescadores nas dúas márxes . Neste cauce vive a londra , que vería limitada a súa mobilidade e capacidade de desprazamento .

8ª – A estreita franxa vexetal existente en cada unha das ribeiras do leito , que nalgunhas zonas non supera os 30 m. , tanto por anegamento como polas propias obras que se farían , padecería a desaparición da variada vexetación ripícola de ribeira ( fentos , amieiros , bídalos , chopos , abelairas , castiñeiros… ) . Polo tanto quedaría totalmente modificada e despoboada a ribeira resultante  desta actuación . O estudo de impacto nega a existencia de vexetación ripícola na marxe dereita do río , sinalando que só hai “matorral sin arbolado” , pero a documentación fotográfica adxuntada , tanto pola empresa como nesta alegación , contradice esta afirmación, pois o leito do Sardiñeira vai acompañado dunha estreita  pero pechada franxa de masa arbórea en todo o seu recorrido . O mato aparece na zona alta da ribeira , a que non vai ser afectada .

9ª –  Afectará a unha zona de indubidable valor etnográfico , ecolóxico e paisaxístico , aproveitable para a dinamización e reclamo turístico . De feito xa se está diseñando unha ruta de sendeirismo dende a desembocadura ata a confluenza dos ríos Sardiñeira e Portiño , dúns 11 km. de lonxitude , polo que suporía un freo a unha iniciativa con repercusións económicas . Ademais imposibilitaría o transito ó desaparecer os sendeiros que actualmente percorren moi próximos ós dous lados do leito .

10ª – Deberíase ter en conta que a asociación veciñal xa se dirixira á Confederación Hidrográfica Miño-Sil na data do 6 de xuño do 2011 ,  con ocasión da presentación do Plan Hidrolóxico , presentando alegacións a estas contrucións nos ríos e solicitando unha protección ambiental para o espazo do Sardiñeira . Daquela recibírase resposta dese organismo no sentido de que se sería restritivo coas novas concesións hidroeléctricas e se favorecería a conservación ambiental segundo o artigo 46, como adxuntamos no anexo remitido polo organismo responsable das augas .

11ª – Augas arriba faise a captación da auga para uso doméstico de boa parte da poboación do Saviñao . Como se incrementa a rede de subministro a novas poboacións , cabe esperar unha diminución do caudal resultante , polo que a viabilidade futura desa minicentral estará en entredito .

12ª – Recentemente, no verán de 2011 , un incendio forestal afectou á zona dos Amieiros , onde se prevé abrirán as vías de acceso para as obras de construción da presa . Haberá que ter en conta a prohibición de construcións e actividades nas zonas afectadas polo lume recollida na lexislación vixente .

En base a estes argumentos e motivos razoados do impacto negativo que significaría esta intervención no medio , a asociación veciñal solicita a denegación dos permisos a este proxecto de explotación hidroeléctrica , así como a negación da utilidade pública solicitada .

O que se fai en Escairón , a 4 de decembro do 2012 .

Na data do 24 de xullo do 2014 publícase no BOE a resolución da Secretaría de Estado de Medio Ambiente pola que se rexeita na declaración de impacto ambiental o aproveitamento hidroeléctrico da central dos Amieiros . O 1 de abril do 2016 acodimos a unha Audiencia na Confederación Hidrográfica onde nos comunican o informe técnico denegatorio , como a empresa SENERCAL posue a concesión das augas dende 2001 , a empresa ten un prazo de 3 meses para a presentación dun novo proxecto . Do contrario tramitarase a extinción do expediente e a perda da concesión das augas . Estes datos foron confirmados polo escrito recibido o 20 de xuño de 2016

FOTOS ADXUNTADAS :

[See image gallery at aavvdosavinhao.org]

Na data do 26 de novembro do 2018 publicase no BOE a extinción do dereito de aproveitamento do caudal do río Sardiñeira pola empresa SENERCAL, co que remátase definitivamente coa ameaza da privatización do río.    ¡ Todo un triunfo veciñal ¡

Solucion definitiva ( Diario de Lemos ).

RELACIÓN DE TEMPLOS E MOSTEIROS MEDIEVAIS NO MUNICIPIO DO SAVIÑAO .
A Asociación Veciñal do Saviñao , en base aos traballos de investigación de Enrique Pérez Losada , presenta unha recompilación dos antigos asentamentos relixiosos nas terras do Saviñao anteriores á Idade Moderna .

O que pretende a asociación é poñer en coñecemento a gran cantidade de templos cristiáns que poboaban estas terras na Idade Media . Este traballo divídese en dúas partes, na primeira faise mención dos templos e mosteiros situados no territorio da Ribeira Sacra deste municipio , deixando para unha segunda parte os ubicados fora das zonas de ribeira , localizados máis ó interior . Procúrase detallar os máis descoñecidos ou omitidos noutros estudos .

A intención é dirixir este traballo á Comisión de Seguemento da candidatura da Ribeira Sacra á Patrimonio da Humanidade , para que poida servir de aportación argumental na consecución desa desexada figura de interese cultural .

PARTE PRIMEIRA. TERRITORIO DO SAVIÑAO DE RIBEIRA E BOCARIBEIRA ( BIC RIBEIRA SACRA )

I . PARROQUIA DA COVA .

1. IGREXA DE SAN MARTIÑO DA COVA .

Fundada probablemente no século VI por San Martiño Dumiense e refundada en torno ó ano 760 polo abade Sénior da Orde de San Bieito .

A edificación actual , do máis clásico estilo románico rural , data de principios do século XIII , aínda que máis adiante experimentou algunhas reformas .

Crese que a parede norte da nave sufríu un derrubamento no século XVII e a súa reconstrución aproveitouse para a instalación da espadana .

Desa mesma data é unha coroa real e outros gravados de granito colocados debaixo do campanario , segundo a tradición procedentes do antigo mosteiro .

MOSTEIRO AGOSTIÑO DE SAN MARTIÑO .

Antiquísimo mosteiro e templo , denominado San Martiño de Ripa , situado no lugar de Riocobo e asentado nunha balconada da ribeira da Cova.

Dalgúns documentos dedúcese que dende o ano 760 existía alí un mosteiro benedictino , aínda que en tempos anteriores ó século VIII debeu ser un eremitorio .

No século XIII estaba rexentado por monxes regulares agostiños e o seu prior era de designación real . No soar do mosteiro encontráronse recentemente pedras de granito decoradas da época medieval, e tamén algún utensilios, probablemente, de tempos prehistóricos.

No século XVII o mosteiro foi trasladado a unhas dependencias construídas no lateral sur da igrexa románica , onde se domiciliou o máis recente priorado da Cova . No ano 1728 foi nomeado Dignidad da catedral de Lugo co beneplácito do rei Felipe V .

O mosteiro iniciou o seu estado ruínoso no século XIX , aínda que se recordan en pé os arcos do claustro a principios do século XX .

Cabe suliñar que ó longo da historia do convento agostiño desempeñaron o cargo de priores afamadas personalidades da Igrexa e da Cultura .

IGREXA DE SAN XOÁN .

Atopábase no lugar de Seoane , desta parroquia , segundo consta nun documento do ano 1262 . Na actualidade non se conservan restos da súa fábrica .

II . PARROQUIA DE FIÓN .

IGREXA DE SAN LOURENZO DE FIÓN .

Igrexa románica que sufríu profundas reformas na súa nave . Só conserva a ábsida orixinaria .

Próxima á de San Martiño da Cova , estaba ligada ó mosteiro agostiño , como se deduce dunha bula de Urbano II do ano 1262 : …. Confirmo la unión de Fión a la mesa del monasterio agostino de San Martín de Ripa , tal como lo venía gozando desde tiempo inmemorial … . Da bula papal dedúcese que nos séculos anteriores existía naquel lugar un templo prerrománico .

Na igrexa actual destacan as pinturas murais do século XVI .

IGREXA DE SAN MAMEDE DE FIÓN .

Asentada no lugar do mesmo nome , da parroquia de Fión .

Menciónase nun Inventario da Igrexa de Lugo e a súa orixe parece remontarse á Alta Idade Media .

Pervive nun outeiro o soar do seu emprazamento e algúns restos seus .

III . PARROQUIA DE SANTA MARIÑA DE ROSENDE .

IGREXA DE SANTA MARIÑA DE ROSENDE .

A existencia desta igrexa remóntase ós primeiros tempos do cristianismo .

Menciónase no testamento maior do bispo Odoario do ano 747 e na doazón do rei Alfonso II ( ano 841) , así como en numerosas citas posteriores .

Conserva na actualidade algúns elementos constructivos prerrománicos .

Adxacente á igrexa parece que existíu un mosteiro altomedieval, xa que na documentación do bispado de Lugo figura como de orixe monacal.

IGREXA DE SAN PEDRO DE CORVASIA .

Igrexa antiquísima fundada , ó parecer , por unha dama de orixe grega. Estaba no lateral esquerdo do camiño real Monforte – Chantada , á entrada do lugar de Corveixe ( parroquia de Santa Mariña de Rosende ) .

Menciónase no testamento maior do bispo Odoario , ano 747 , así como en varias doazóns reais de séculos posteriores.

Debeu quedar derruída a finais da Idade Media , e recentemente apareceron no terreo do seu asentamento numerosos vestixos , incluso un capitel pertencente á esta igrexa .

SAN CRISTOVO DE CANIZOS .

No ano 916 o presbítero Leodefredo doaba ó bispo Rosendo o mosteiro e igrexa de San Cristovo de Canizos .

Segundo as nosas averiguacións , estaba situado nos límites das parroquias de Santa Mariña de Rosende e San Martiño da Cova , na veira occidental do regato Canedo , tamen chamado Romiña , nas cercanías de Pena  Fión .

Non hai noticia deste mosteiro de datas posteriores, pero sabemos que entre as súas posesións había moitos viñedos no paraxe dos Canedos , da parroquia de Santa Mariña de Rosende .

IGREXA DE SAN VITORIO DE ROSENDE .

Documentada entre os séculos XIV e XVIII nos arquivos do mosteiro de Pombeiro .

Achávase no mesmo lugar dos Canedos de Rosende , a escasa distancia do mosteiro de San Cristovo de Canizos e servía á veciñanza daquel lugar entón habitado .

As súas ruinas aparecen á carón dunha pena , úns cincoenta metros  máis arriba do regato Canedo e entre os seus restos é chamativa unha peza da oxiva pertecente á fachada da igrexa .

IV . PARROQUIA DE MOURELOS .

SAN XIAO DE MOURELOS .

Igrexa parroquial construída en parte con materiais reaproveitados da prerrománica derruída en 1925 .

No séu interior hai una pía para auga benditae una pía bautismal gravada con decorados propios do altomedievo. Ambalas dúas procedentes da igrexa prerrománica.

IGREXA PRERROMÁNICA DE SAN XULIÁN .

Situada a uns cen metros da actual . Derrubada , como xa se dixo , en abril do 1925 . Atribúeselle unha antigüidade que podería datarse nos primeiros séculos da Idade Media .

Segundo as nosas información o séu arco triunfal era de estilo mozárabe e sustentado en impostas fincadas nos muros laterais .

Posiblemente se levantou no mesmo lugar das ruínas dun templo máis antigo , da época cristiá-romana . Consta que ó retirarse a pedra dos seus cimentos se descubríu unha lápida de granito con inscricións funerarias propias daquela época .

No soar que ocupaba hai hoxe unha adega e o cemiterio antigo .

NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS .

Capela situada no cumio dunha lomba , a 300 metros da igrexa parroquial . Tamén foi derruída en 1925 para aproveitala na construción do templo actual .

Cítase en varios documentos eclesiásticos da Idade Moderna , aínda que a súa antigüidade poderíase remontar ó alto medioevo .

SAN SALVADOR DE MOURELOS .

Igrexa e vila asentada nos límites das parroquias de Mourelos e Santa Mariña de Rosende . Menciónanse na escritura de doazón efectuada polo presbítero Leodefredo no 916 a favor do bispo Rosendo .

No ano 976 era titular das mesmas a  semiconfesa dona Sénior , quen as doaba naquela data a favor do mosteiro de San Miguel de Diomondi .

Na actualidade poden apreciarse indícios do seu asentamento nas beiras do chamado regato da Ermida, subalfluente do Miño en terras de Mourelos .

MOSTEIRO DE SAN PAIO .

Achábase na parroquia de Mourelos , á beira do regato San Paio , xunto ó río Miño . A súa existencia baséase na toponimia do lugar, no coñecemento dos veciños e a presenciana de algunas pegadas sobre o terreo.

Parece referirse a este mosteiro o xa citado testamento de dona Sénior polo que a súa fundación hai que situala a mediados do século X , é dicir poucos anos despois do martírio de San Pelayo, que era primo carnal da mesma dona Sénior.

SAN MIGUEL DE PORTOTIDE .

Igrexa situada no lugar de Portotide ( parroquia de Mourelos ) , hoxe anegado polas augas do encoro dos Peares . Menciónase na doazón de dona Sénior , do ano 976 , a favor do mosteiro de San Miguel de Diomondi .

Aberta ó culto ata a construción do encoro , as súas reliquias trasladáronse á capela do lugar do Mato , habilitada para os oficios relixiosos .

V . PARROQUIA DE DIOMONDI .

SAN PAIO DE DIOMONDI .

Igrexa románica de tipo mosteiral construída na segunda metade do século XII , baixo a advocación de san Paio en homenaxe ó niño Pelayo , martirizado no ano 925 . Desde o ano 1931 está declarada Monumento Nacional .

Antes daquela data existía no mesmo lugar a igrexa de Santo Estevo de Diomondi , documentada na doazón do bispo Hermenexildo do ano 954 . Nela faise alusión ó seu fundador , o bispo Odoario , así como á súa estancia e falecemento en Diomondi a finais do século VIII .

A igrexa románica actual destaca pola maxestade da súa traza , aínda que o seu remate non se corresponde co proxecto inicial . Neste senso é

significativa a ausencia de canzorros nos abeiros da nave e a sobriedade do alzado superior da fachada .

Cara ó século XVII rebaixouse o alzado do lateral sur da nave e , en consecuencia , mutiláronse os arcos que unían os contrafortes e o xadrezado do paramento exterior .

Crese que esta desafortunada actuación pretendía liberar o vertido das augas do tellado . Pola contra , o lateral norte oculto polo edificio civil , mantén na actualidade a altura e paramento orixinais . Probablemente estas obras , e a construción da espadana , se realizaron ó mesmo tempo . A elevación do solado da igrexa parece feito de cando se construíu a sancristía actual.

O PAZO BISPAL .

Edificación de orixe medieval adosada ó lateral norte da igrexa románica de San Paio de Diomondi .

As súas primitivas dependencias acolleron a vida conventual do mosteiro  de Domini Gemondi no alto medievo , e dende Odoario serviron de residencia temporal e administrativa dos bispos de Lugo .

Nas dúas torres que conforman o pazo bispal son chamativas dúas grosas columnas de granito , unha delas conserva un curioso capitel adornado con arquiños de ferradura de aspecto mozárabe . As súas basas son de tipo ático , probablementel da época do románico .

De datas anteriores , quizais dos primeiros tempos do mosteiro , son unhas rústicas escaleiras que daban acceso ó mesmo dende o patio do claustro . Na actualidade están ocultos baixo doutras escaleiras construídas en datas moi posteriores .

Ademais , é significativa a presenza do escudo dos Aguiares na fachada traseira da torre principal , posta en homenaxe do bispo de Lugo Pedro López de Aguiar , o que sitúa a antigüidade do actual pazo cara ó ano 1370 .

Anteriormente a esa data , un documento de Oseira do ano 1247 referido a Diomondi , fala da “…. vice sedis – bispal – in Savinhao “ .

MOSTEIRO E ORATORIO DE SAN MIGUEL DE DIOMONDI .

Mosteiro de monxas fundado antes do ano 950 pola semiconfesa dona Sénior . Parece confirmar esta data un documento do Tumbo de Celanova suscrito o 21 de xuño do ano 955. Suponse asentado no contorno da igrexa e do pazo bispal de Diomondi , posiblemente no lugar das Cortes .

No ano 976 dona Sénior fixo testamento de todos os seus bens para o sustento e perpetuación do mosteiro de San Miguel , no que incluía unha relación das súas posesións : igrexas , mosteiros e vilas , así como as doazóns da súa familia para a fundación do mosteiro . Inclusive as recibidas do seu irmán Vimarani e do seu tío Hermoxio, ambos bispos de Tui .

Da lectura do testamento dedúcese que era un mosteiro promovido polas familias de dona Sénior e de san Rosendo e vinculado ó bispado de Tui .

Segundo parece , desapareceu a principios do século XI e os seus bens recaeron no mosteiro de Celanova e máis tarde na Igrexa de Lugo. As reliquias de San Miguel pasaron á igrexa parroquial de Diomondi .

CAPELA DE SANTA CATALINA .

Menciónase nun documento eclesiástico do ano 1543 . Situada cerca do lugar de Ver , de Diomondi . Os restos aproveitounos a veciñanza para a construción dun alpendre , e as súas reliquias trasladáronse á parroquial de San Paio hai moitos anos .

CAPELA DE SAN COSMEDE .

Situada no lugar de Piñeiro ( parroquia de Diomondi ) , menciónase en varios documentos dos séculos XV e XVI , aínda que a súa orixe  parece moi anterior .

Na actualidade consérvanse algúns vestixios da capela , como unha pía de pedra para a auga bendita e un fragmento de granito dun sartego antropoide , probablemente do seu fundador  .

MOSTEIRO E HOSPITAL DE SAN PEDRO .

Nos últimos séculos da Baixa Idade Media existía a carón da ponte de Belesar un mosteiro-hospital fundado , ó parecer , en tempos de Alfonso VII .

Un documento do foro do ano 1602 menciona naquel lugar a Orde de Belesar  , sen dúbida a comunidade de relixiosos de dito mosteiro . Noutro documento do ano 1690 , obrante no Arquivo Nacional , dise que naquela data estaba en estado ruinoso .

Segundo as nosas averiguacións , estaba emprazado na beira da ponte de Belesar , no concello do Saviñao . Algúns veciños aínda recordan en pé a parede máis próxima á ponte , derrubada ó construirse o encoro dos Peares . Tamén se destruíron varias sepulturas do cemiterio do mosteiro , e  algunhas das súas laudas con gravados da época  xacen alí afondadas .

Nas ribeiras do Belesar da marxe esquerda do Miño aínda permanecen os topónimos a viña dos Frades  e a  adega da Orde  .

CAPELA DE SANTA LUCÍA .

Nun documento do foro do ano 1695 faise alusión á capela de Santa Lucía .

Os veciños coñecen o lugar do seu emprazamento , ó carón duns viñedos situados ó nacente de Belesar . Tan só perdurou o topónimo , presúmese a súa fundación na Alta Idade Media .

SAN PEDRO DE BESTEIROS .

Parroquial limítrofe e vinculada á de San Paio de Diomondi , que a partir do ano 1890 quedou plenamente integrada na parroquia de Diomondi .

Parece referirse a ambas igrexas a escritura de doazón do bispo Hermenexildo do ano 954 , cando afirma que  en el lugar de Diomondi estaban fundadas dos basílicas con los nombres de San Pedro y de San Esteban .

Posteriormente faise mención da igrexa e do lugar de Besteiros no ano 1247 e noutros documentos eclesiásticos . No século XVIII quedou en estado ruinoso e actualmente tan só permanece a planta ó descuberto e algunha das sepulturas do cemiterio .

NOSA SEÑORA DE MONTECELO .

Dende tempos da Idade Media , existía no lugar de Montecelo unha capela na marxe do camiño real Monforte – Chantada , que en antigos documentos figura coa advocación de Nosa Señora da Virxe do Camiño .

Na primeira metade do século XVIII foi derruída ó construírse no seu lugar unha igrexa , pertencente naquelas datas á parroquia de San Pedro de Besteiros . Nela oficíabanse as misas parroquiais debido o estado ruínoso da igrexa matríz .

Hoxe pertence a San Paio de Diomondi , e dela só permanecen en pé os arcos da nave e parte das súas paredes .

Consérvase aínda un cruceiro con peto das ánimas incorporado e os restos do seu cemiterio .

CAPELA DE SAN ANTÓN DE BEXÁN .

Situada no lugar de Bexán , pertencente noutro tempo á parroquia de San Pedro de Besteiros e na actualidade á de San Paio de Diomondi , considérase construída no século XVII , pero probablemente as súas orixes sexan moi anteriores . Levantábase ó bordo dun camiño secundario que daba acceso ós chamados Codos de Diomondi , e a úns metros da capela consérvase o topónimo do Hospital de Bexán .

IGREXA DE SAN MAMEDE DE BUXÁN .

Os restos da igrexa de San Mamede atópanse na ribeira do Miño , concretamente debaixo do lugar de Galegos , hoxe pertencente á parroquia de Diomondi .

A finais da Idade Media era a igrexa matriz do chamado Couto de Buxán , naquel tempo propiedade do mosteiro cisterciense de Castro de Rei de Lemos , dependente de Oseira .

É probable que con anterioridade fose un eremitorio construído nun paraxe habitado dende a prehistoria , como pode acreditarse polos numerosos vestixios achados no seu contorno .

No século XVIII a igrexa era unha ruína e o bispo de Lugo Sáez de Buruaga ordenou no ano 1764 o seu derrubamento . Na actualidade quedan sobre o terreo os cimentos da igrexa e das casas do lugar .

PARROQUIA DE SANTIAGO DE LOUREDO .

“ SANCTI IACOBI IN LAURETO “ .

Igrexa e mosteiro fundados no ano 760 polo abade Sénior , repoboador da mais tarde denominada Ribeira Sacra . Corresponde ó actual Santiago de Louredo , que estende o seu límite parroquial ata o río Miño . Recibíu ó longo da súa dilatada historia numerosas reformas , mais conserva na actualidade notables vestixios .

Afírmase a existencia no seu interior de sepulturas antropoides . Sobre unha delas parece repousar unha lauda de granito na que figura labrada unha aguia despregada e picoteando un acio de uvas.

Destaca a parte exterior da ábsida , que parece levantada sobre a estrutura do muro primixenio .

SAN PEDRO DE CELA , IGREXA E MOSTEIRO .

Os restos da igrexa románica de San Pedro de Cela localízanse entre o lugar de Buxán e o río Miño , nos términos da actual parroquia de Louredo . Na actualidade  consérvase unha boa parte da ábsida e do presbiterio , pero a nave e a cuberta foron reconstruídas como adega hai úns anos .

Na Alta Idade Media debeu existir nese lugar unha capela ou un eremitorio e tense noticia dalgúns sepulcros antropoides , ún deles adornado coa lauda de estola , permanece no adro da igrexa .

A mediados do século XV figura documentalmente como mosteiro de sete monxes e granxa de seis vasalos , pertencentes ó Couto de Buxán , que dependía naquela época do mosteiro cisterciense de Castro de Rei de Lemos .

No século XVIII debeu quedar abandonado o templo e o mosteiro xa que as súas reliquias quedaron depositadas na igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño .

VII. PARROQUIA DE SANTO ESTEVO DE RIBAS DE MIÑO .

29.    SANTO ESTEVO DE RIBAS DE MIÑO .

Igrexa románica de tipo mosteiral construída a comezos do século XIII e asentada na ribeira baixa do Miño , en terras do Saviñao . Desde 1931 ostenta a categoría de Monumento Nacional .

De data moi anterior é a igrexa de Sancto Stephano , que a semiconfesa dona Senior doa no ano 976 ó mosteiro de San Miguel de Diomondi . Pouco tempo despois pasou ó mosteiro de Celanova e desde o século XI a súa titularidade é da Igrexa de Lugo , xa que nesta data aparece inventariada como Sancto Stephano in ripa Minei …. in Savinianos .

A mediados do século XVIII o abade Agustín Montenegro realizou importantes melloras na igrexa románica que afectaron ó adro e ós arcos do templo , envidrado do rosetón , sancristía e arbotantes da ábsida .

O MOSTEIRO DE RIBAS DE MIÑO .

Por tradición popular sábese que xunto á igrexa de Santo Estevo existía en tempos antigos o chamado Mosteiro de Ronfiz , probablemente fundado por monxes da Orde de San Bieito . Máis tarde , en séculos anteriores á costrución da igrexa románica , menciónase documentalmente o mosteiro e a igrexa de Sancti Stephani como pertencentes á Igrexa de Lugo . Aínda que o templo románico foi concibido para mosteiro , non chegaron a construírse as dependencias para a vida conventual .

A partir do século XIII os titulares do mosteiro eran os membros dun padroado laical instituído mediante privilexio real . Aqueles copartícipes gozaban do dereito de presentación de abades do mosteiro de Santo Estevo .

Durante a Baixa Idade Media os abades residían nunha casa rural situada fronte ó lateral sur da igrexa románica e posteriormente trasladáronse á chamada Casa da Abadía .

A CASA DA ABADÍA .

Nun promontorio da ribeira do Miño , a úns seiscentos metros do templo románico , atópase un complexo edificativo coñecido como A Casa da Abadía . Na actualidade as súas dependencias foron remodeladas para unha mansión privada , aínda que mantén a estrutura arquitectónica doutrora .

Entre as súas instalacións destacan unha vetusta solaina , á que se accede dende o patio do claustro , así como a capela , que ostenta o escudo dos Montenegro .

Existen indícios de que o asento abacial foi nas súas orixes un castro e , máis tarde , un eremitorio .

Un inventario da Igrexa de Lugo do século XI parece referirse a un mosteiro , cando inclúe nos seus bens a Vila de Touram , actual lugar de Toural , situado ó lado do recinto . De esta época puidera datar un habitáculo do claustro , cicais un antigo oratorio .

Nos primeiros séculos da Idade Moderna eran titulares da Casa da Abadía o bispado de Lugo e o padroado laical do mosteiro de Santo Estevo. De esta época era unha capela derruida a comezos do século XVIII . Na actualidade tan só quedan en pé os muros do peche , os accesos ó adro e vestixios do cemiterio .

A finais do século XVII vivían na Casa da Abadía , dunha forma máis ou menos continuada , algúns abades do mosteiro de Santo Estevo , ata que en 1720 o bispado lucense autorizou a residencia oficial dos seus abades naquelas dependencias . De esta data é a actual capela da Ascensión .

Ó suprimirse o mosteiro no 1850 , a Casa da Abadía permaneceu como reitoral do curato de Santo Estevo de Ribas de Miño , ata que en 1940 quedou vacante e en estado ruinoso .

VIII . PARROQUIA DE REBORDAOS .

SANTA EULALIA DE REBORDAOS .

Parroquia situada nas proximidades da ribeira do Miño , ó leste da presa de Belesar .

Menciónase á freguesía de Santa Eulalia en tempos antigos , cando no ano 916 o rei Ordoño II fixo doazón da metade das súas familias e bens a favor da Igrexa Mindoniense ( San Martiño de Mondoñedo ) . No século X o mosteiro de Samos era tamén titular de importantes posesións nesta parroquia , quizá a outra metade dos bens doados por Ordoño II .

Na actualidade a igrexa mostra na súa edificación as notorias reformas practicadas no século XVIII .

A úns 600 metros ó leste de Santa Eulalia áchase o lugar e a torre medieval da Candaira , probablemente asentada no contorno dun primitivo eremitorio e dunha capela adicada á Virxe da Candelaria .

IX . PARROQUIA DE SAN VITOIRO DE RIBAS DE MIÑO .

SAN VITOIRO DE RIBAS DE MIÑO .

Parroquia limítrofe coa de Santo Estevo de Ribas de Miño, extendéndose ámbalas dúas por unha longa franxa da ribeira do Miño.

A igrexa de San Viotoiro é románica de orixe cenobial, e os seus antecedentes remóntanse ó ano 969, cando o abade Veremundo Páez fundou o mosteiro primixenio . Crese que nos primeiros tempos albergou un convento de monxas.

Menciónase tamén a abadía e a súa igrexa en varios documentos anteriores á construción do templo románico no século XII, e sábese que despois desa data a abadía posuía importantes béns que eran administrados por un padroado laical .

A uns centos de metros, e nun lugar máis próximo á ribeira do Miño, atópase o santuario de Guadalupe , capela de estilo indiano construída no século XVIII .

SAN XOÁN DE PORTO .

Capela situada na beira do Miño , xunto á desembocadura do río Sardiñeira . Na actualidade anegada polas augas do encoro de Belesar .

A súa antigüidade remóntase  , polo menos , ó século X , xa que no ano 916 o rei Ordoño II doaba á Sede Dumiense de Mondoñedo as familias e lugares pertecentes á San Xoán de Ribas de Miño .

35 . CAPELA DE LAGARES .

Situada no lugar do mesmo nome , a pouco máis de un quilómetro ó sur da capela de San Xoán de Porto . Na actualidade están deshabitadas e derruídas a igrexa e as casas de Lagares e as do lugar de A Videira , preto  da mesma .

Hai uns anos atopáronse entre aquelas ruínas unha imaxe de santo Antón tallada en madeira e datada no século XIV , polo tanto cabe pensar que estaba adicada a esta advocación .

Non se coñece documentación escrita acerca desta capela , aínda que parece referirse a ela o Catastro del Marqués de la Ensenada.

En Escairón , a 13 de xaneiro do 2016 .

mapa parroquias.    mapa romanico A Cova , Fion e Santa Mariña.   mapa romanico Mourelos.

mapa romanico Diomondi e Louredo.     mapa romanico Santo Estevo Ribas de Minho.    mapa romanico S. Vitorio-Rebordaos.

A deputación invita a participar na elaboración dos orzamentos do 2015
A DEPUTACIÓN INVITA A PARTICIPAR NA ELABORACIÓN DOS ORZAMENTOS DO 2015. CLARO QUE PARTICIPAMOS!

A Deputación de Lugo anunciou unha, ata agora, descoñecida apertura na participación da cidadanía para a elaboración dos orzamentos.

Dende a asociación acollemos a iniciativa con gañas e sentido positivo, e elaboramos unha serie de suxerencias que trasmitimos á institución vía correo electrónico, e ademais levamos par expoñer nó acto do 22 de xullo no Centro do Viño de Monforte.

ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS DA DEPUTACIÓN DE LUGO.  PROPOSTAS DA ASOCIACIÓN VECIÑAL DO SAVIÑAO.

Dende a asociación veciñal aprobamos a iniciativa da Deputación de Lugo de abrirse á participación cidadá, feito que nas épocas actuais vense reclamando dende a veciñanza, e cada vez con maior empuxe. Elo levará a un maior acercamento e contacto entre a sociedade e as institucións.

Agradecendo a invitación recibida presentamos as seguintes propostas cara ós ornamentos do 2015:

1 – Entendemos como prioritaria a atención á área de Protección Social, e concretamente ás situacións de Dependencia, por ser este o sector social máis indefenso e vulnerable, e ó mesmo tempo por ser o máis castigado polas políticas de austeridade. Por elo consideramos necesario o apoio económico ou asistecial ás persoas que estan nesta situación, que son moitas dado o envellecemento da poboación e o carácter rural da nosa sociedade.

No mesmo senso deberíase reforzar a atención a poboación maior, coa creación de Centros de Día e de Residencias no mundo rural. Elo evitará a disgregación e desintegración dos nosos maiores do entorno no que viviron, xa que ata agora vense obrigados a buscar o lugar de vida fora do seu ambiente orixinal, feito que obriga a unha nova adaptación nun entorno alleo que non sempre se consigue, provocando desasosego froito da desubicación xeográfica. Asemesmo estas estructuras asistenciais poden servir como xeneración de emprego ó esixir unha boa dotación de persoal. Cobrese un servizo básico e xenérase emprego.

Aproveitamos esta invitación para repetir a pregunta, enviada nos pasados meses e sen resposta, sobre o estado no que se atopa á proxectada e aprobada obra da Residencia para maiores en Escairón, así como ó contido do convenio suscrito co concello, para poder incidir e buscar axilización á concreción desta necesidade, sentida como a carencia máis grave que temos hoxe en día no Saviñao.

2- Apoio económico e estructural ós sectores productivos da cada zona xeográfica. En concreto para a nosa da Ribeira Sacra propoñemos as seguintes inversións:

O sector vitícola é ún referente da zona e un sector productivo a potenciar, máis xa te financiación específica, pero pode recibir un apoio dende a institución provincial. Así se está a ver como a interelación das adegas e o turismo cultural e patrimonial están a dar bos resultados de demanda turística, facilitar eses itinerarios culturais, vitícolas e paisaxísticos pode ser unha boa inversión.

Relacionado co turismo, deberíanse apoiar e potenciar as labores artesáns, así a cerámica, a mimbrería, a cantería, a carpintería, o restauro e outras moitas terán boas perspectivas de futuro de confirmarse a declaración da UNESCO. Poderíase invertir en escolas – obradoiro de capacitación nesteas áreas.

Dende que se iniciaran os pasos para a catalogación da nosa xeografía pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade, ábrense optimistas perspectvas para o Turismo, polo que propoñemos apoio para formación e capacitación neste sector profesional, formación en turismo e hostelería van ter demanada. Asemesmo o Patrimonio cultural e arqueolóxico pode ser aproveitado para, ademais de aportar acicates promocionais á zona, convertirse nunha fonte de recursos e de xeneración de emprego especializado. Pódese facer algunha excavación arqueolóxica na comarca, tendo en conta a cantidade de vestixios castrexos, do bronce e neolíticos que existen. A museilización dos mesmos no mesmo entorno é un reclamo do turismo cultural e outra fonte de emprego. Como o é a paisaxe e natureza, polo que propoñemos apoio as actividades de sendeirismo. Asemesmo e aproveitando o paso do Camiño de Inverno por Diomondi, deberíase concertar co obispado o aproveitamento do pazo obispal de S. Paio de Diomondi como albergue e punto de parada na ruta xacobea. Tamén se está demandando polos visitantes un punto de campismo na Ribeira Sacra, xa que non hai ningún; a zona da Cova no Saviñao ou a de Maiorga en Pantón son idóneas para este fín. Non estamos a falar de axudas directas a establecementos e empresas de turismo e hostelería, pois consideramos que teñen outras vías de financiacion, senon a estructurar pequenos servizos que influirán na xeneración de riqueza para o mundo empresarial e traballo para os autóctonos e residentes que axudaría a fixar poboación.

O sector gandeiro ten moita relevancia na economía do Saviñao. Como no caso anterior, xa ten fontes de subvencións procedentes de entidades autonómicas, estatais e comunitarias. Consideramos que temos as condicións idóneas para que a gandería sexa un motor económico pero podería ser máis competitivo. Por elo propoñemos apoio económico e administrativo a toda iniciativa de coperativismo, pois cremos que pode mellorar a productividade do sector e contribuir a fixar poboación.

O sector forestal podería ser aproveitado como fonte de recursos, pero esta explotación debe ser sostible e racionalizada para non agredir ós caracteres que identifican á Ribeira Sacra: paisaxe e natureza. Propoñemos a potenciación dunha planta de biomasa forestal ou de pellets e outros derivados da masa forestal na comarca. Estas actividades ademais de xenerar riqueza e traballo contribuirían á limpeza do sotobosque e a prevención da perigosa e crecente ameaza dos incendios.

3- Consideramos moi necesario o mantemento e conservación da rede de comunicacións viarias na xeografía rural.

4- Respecto das inversións incluidas no Plan de Obras e Servizos solicitadas polos concellos, cremos que se deberían seleccionar con criterios de prioridade e necesidade. Nos últimos anos vemos como no noso concello se levaron a cabo obras de dudosa necesidade e moi cuestionable funcionalidade, son exemplos a impopular carpa instalada na praza do concello, o gastado na rotonda do polígono industrial dotada de rego automático, ou o peche con aceras da área verde do campo da Lama en Escairón. Por elo solicitamos que as solicitudes feitas para acollerse ás subvencións se fagan públicas no momento de ser presentadas e antes da súa aprobación, co fín de que a cidadanía teña coñecemento das inversións que se van facer coa antelación suficiente para valorar a súa prioridade ou propoñer alternativas máis eficientes ou necesarias.

En Escairón a 15 de xullo do 2014.

Firmado, a presidenta da asociación.

Nese día acodimos ó acto institucional, pero a nosa sorpresa foi maiúscula cando comprobamos que a tan publicitada participación consistía en cubrir unha enquisa sinalando as áreas preferenciais ¡sin máis! ahí rematou a apertura á participación a todo o tecido asociativo de Lugo. Que exceso de apertura ¡que talante democrático!

No Nadal de 2014 recibimos da Deputación un analise de cada unha das propostas enviadas. Unhas respóndenas con actuacións similares, pero noutros concellos da provincia. Dúas delas, a do posible uso do Pazo Obispal de Diomondi como albergue no Camiño de Inverno, e a da creación dunha planta de Biomasa ou derivados forestais na comarca, dín trasmitilas á administración da Xunta.